Just another WordPress.com site

A primeira parte do documental, visto na última aula, “revélanos” a visión dos medios de comunicación de masas como manipuladores da opinión pública, eso sí, ao servizo da política do goberno e as grandes corporacións.

Destaco o lúcido discurso do lingüista e activista político Noam Chomsky, (segundo o que lin tamén filósofo) definido polo mesmo New York Times como “o intelectual máis influínte da nosa época”.

Mediante o, “ocultamento” e manipulación da información, o único que se consegue é construir unha historia e unha ciencia á medida, á medida de certas corporacións, gobernos, etc. en definitiva determinadas persoas. Manipulación e conspiración un binomio que adoita ser, ¿controvertido?
Coincido con Noam Chomsky cando afirma a manipulación-(conspiración) nos medios de comunicación. Como a información que nos proporcionan a través dos medios de comunicación está censurada e modificada. Matizar que, o concepto da conspiración sempre me pareceu bastante “maquiavélico” e sobre o que tería que indagar moito e máis detalladamente (…) Aínda así, xordeme este cuestión en referencia a varias leituras, ¿o que non coñecemos non podemos botalo en falta?, así mesmo, é o que acontece coa información. Pero non teño claro que así sexa. Máis o que sí podo argumentar é que, o control do pensamento nas sociedades democráticas, como di Chomsky é o resultado dun proceso de filtración posibilitado polo poder económico e político, dun sistema de libre mercado.
Agora ben, “a través dun proceso complexo e sutil, certas ideas de ver o mundo son promovidas e atopan o xeito de penetrar na mente das persoas. Non é que se nos impida escoller ideas, informacións é que nunca as atopamos, así que asumimos que non existen.” Moitas voltas que darlle ao tema. O tempo apremia.
Pero entón, como entender o que Chomsky sinala, “esto vai moito máis alá do que Orwell escribiu sobre propaganda elemental, de estilo soviético, cuxa comprensión das posibilidades do control non-conspirativo, democrático, do pensamiento, era restrinxida en extremo.”
“Por exemplo. Non se obriga ás nenas e nenos a que escollan dunha ampla gama de carreiras dentro dun sistema corporativo; non se lles lava o cerebro deliberadamente para que crean que se trata de liberdade. Se lles convence de que están facendo unha elección libre, A sociedade funciona de tal xeito que non se toma conciencia das alternativas. Ademáis, ignorase o que non se sabe, de xeito que as opcións que se presentan moitas veces parecen resumirse en “así é a vida.”
Ver en: http://www.rebelion.org/hemeroteca/chomsky/egos090801.htm Comparto este artigo que atopei indagando no tema. Invito ler e re-pensar?

Discurso, o de Noam Chomsky, que nada ten que ver co do redactor xefe do New York Times, e a obxectividade e neutralidade por parte dos medios de comunicación. E que a información que neles se da e a “verdade”, e forma para da “historia”.
E aínda, así con todo o que di, coido que esquence unha parte importante das noticias, que é a interpretación das mesmas. Como cada noticia é interpretada para cada unha, cada un dun xeito diferente. Do mesmo xeito que se fai na súa redacción. Podería ser esto conspiración? Xorden interrogantes con respecto a este concepto: conspiración.
Agora ben, en definitiva, non existe liberdade de prensa, e coido que tampouco pluralidade informativa, senon que polo que se aboga e por unha liberdade das empresas, partidos do momento, para enriquecerse no mercado “da información”.

Moitas preguntas me rondan entorno a estas palabras: manipulación, conspiración…quén selecciona a información, pero máis importante aínda se cabe, é a quen beneficia? E como unha pequena pincelada, non podo evitar aproximalo ao educativo, “quen se beneficia dela? da educación?” Como nos lembra Appel. Eu teño ben claro, que non o fan todas e todos por igual.

Internet, o meu modo de ver tampouco é un campo neutral. Continuamente debemos estar re-pensando o que se nos ofrece, como información, os modos e os espazos onde se produce (…)

“Incluso os medios de comunicación de carácter público, convértense en redes mediáticas propagandísticas, altavoces de manipulación, ao servizo dos grupos que en cada momento teñen máis peso nos gobernos”. Jurjo dixit.
A sociedade actual, onde o coñecemento é unha “mercancía”, e na que as persoas propietarias tratan de facer o maior negocio (como para case todo) posible. Un coñecemento, construido e divulgado sesgadamente e empregado para beneficiar tan so aos países e grupos sociais máis poderosos. Voltamos a brecha entre ricos e pobres que sempre está presente.
E non podo evitar voltar a “pincelada” co educativo, (importantísimo valor o da educación neste ámbito), fundamentalmente pola importancia que esto ten. “E é que existe o Dereito á auténtica información, para o que se require dunha opinión pública ben informada e educada. Tendo ben presente o comportamento de certas axencias de noticias, grupos mediáticos, grandes empresas e incluso servizos secretos de algúns Estados para manipular a realidade e poñela ao servizo dos seus propietarios ou dos que a financian. O que sería unha total desinformación.
Por todo esto, apelo a unha educación para transformar a subxectividade de quenes recurren a estos medios para informarse e comunicarse. Non abonda con ser pasivos e silenciosos se non que é preciso transformarse en persoas capaces de decidir, opinar e valorar toda a información”. Como suliña Jurjo Torres no seu libro La justicia curricular.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: