Just another WordPress.com site

Archive for the ‘Aportaciones Noelia’ Category

Conglomerados mediáticos

Deixo aquí un vídeo acerca dos conglomerados mediáticos no que Ramón Reig nos informa sobre varias cuestións moi importantes que se veñen tratando nos últimos días. Pon de manifesto que a comunicación é o primeiro poder, que se trata dunha actividade económica e como tal, forma parte dos intereses do mercado.

Dá unas pinceladas sobre esta liña de investigación que pretende pór de manifesto como é esta engrenaxe para así poder desentrañala .

Tamén alude ó xeito en que, como nos explicou Patricia, a información se utiliza como censura (existe hiperinformación). Que dúbida cabe de que nos chegan cantidades inxentes de datos, pero para discernir o que realmente é importante requírense uns mecanismos de interpretación eficaces para analizar criticamente os contidos que recibimos e de quen os recibimos.

Ramón Reig tamén achega unha serie de saídas: educar ós xoves nos medios de comunicación para que non sexan manipulados nun futuro. Para iso é preciso que os profesores lles ensinen a intencionalidade que teñen as mensaxes (como el afirma, “de xeito plural, sen adoutrinar”). Só deste xeito se converterán en adultos que esixan información de máis calidade.

http://www.youtube.com/watch?v=UL0BUzso_2g

Noelia.

Advertisements

Nova achega

Ola:

Debido a dificultades de acceso a este blogue foime imposible publicar nada, así que desculpade a tardanza.

O pasado venres 23 de marzo iniciamos unha nova materia que introduciu un toque distintivo a nivel metodolóxico. Sempre resulta novidoso e enriquecedor o emprego de bitácoras porque durante a singradura virtual que realicemos, poderemos crear os nosos propios contidos na rede e non ser só usuarios de información xa existente.

Como dicía Ann Lieberman e Lynne Miller en “Teacher Development in Professional Practice Schools”:

“A aprendizaxe non é consumo, é produción de coñecemento. A instrución non é tecnocrática, é inventiva, artesanal e, por enriba de todo, unha importante empresa humana”.

Como vedes, este espazo permítenos interactuar e intercambiar opinións acerca dos diferentes temas que vaiamos tratando. Por último, só me queda engadir que me gustaron moito os vídeos de todos vós. Tamén deixo aquí o meu.

Volta

Deica a tarde!

Noelia.