Just another WordPress.com site

Posts tagged ‘http://youtu.be/yrP9Kg2Y9lQ’

Tarde calurosa de venres na Facultade de Ciencias da Educación… + vídeo!

Disculpade moito, moitísimo!! Con isto do bo tempo e da folga xeral, unha perde a noción do tempo e as veces, ata das súas obrigas!!

Aquí vos deixo, tal e como fixéchedes vos, a miña pequena aportación a esta actividade tan interesante. A verdade é que nun mestrado que leva por título a palabra INNOVACIÓN, métense en falta máis actividades e tarefas desta índole! Agradécense, sobre todo os venres, este tipo de actividades, que ademais de aportarnos coñecementos técnicos varios, tamén aportan elementos persoais de moito valor! Coñecernos un pouco máis a través desta actividade foi unha experiencia que, se teño a oportunidade no meu futuro profesional, sen dúbida, volverei a poñer en práctica!!

As expectativas para con esta materia son moi altas e positivas, espero que todas e todos as compartamos e fagamos das sesións de traballo un espazo de aprendizaxe mútuo!!

Ata agora mesmiño!!

Diana Pérez